Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación superou, nos tres primeiros días, as 2.000 preinscricións aos cursos da Universidade Popular, un dos programas formativos máis amplos e participativos cun total de 142 cursos e obradoiros para persoas maiores de 16 anos, estruturados en seis bloques temáticos: Idiomas, Novas tecnoloxías, Saúde e calidade de vida, Cultura e tempo de lecer, Intervención social e formación para o emprego e Artesanía e obradoiros.

As preinscricións nos Cursos [oferta formativa da UP] pode realizarse online a través do espazo web da Concellería de Educación ou nas dependencias da praza de San Martiño (segundo andar, de 9:00 a 14:00 horas) até o vindeiro 31 de outubro. A preinscrición dá preferencia na orde de entrada da solicitude á hora de obter praza. Tamén terán preferencia as persoas empadroadas en Ourense e os colectivos (por esta orde) de parados/as, xubilados/as e amas/os de casa; estudantes; traballadores/as en activo.

Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de CATRO accións formativas. O custe da matrícula é 33 euros.

A programación incorpora este ano 45 novas propostas en materias tan diversas como: portugués, robótica, xardinería ecolóxica, musicoterapia, cómic, intelixencia emocional, Autocad ou tango, entre outras. Tamén ofertará cursos online. O número de participantes no curso pasado foi de 3.006 persoas.