Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense inicia o 19 de xaneiro, ás 18:00 horas no campus universitario, un curso de Mindfulness para profesorado. Constará de oito sesións semanais de dúas horas de 18.00 a 20.00h, todos os xoves ata o 9 de marzo, e será impartido por Stuart McNicholls, profesor da Universidade de Vigo.

Está dirixido a profesorado e educadores/as de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Universitaria, e ten como obxectivo axudar os participantes a desenvolver unha práctica persoal de atención plena (Mindfulness) aplicable ao ámbito educativo. O curso está deseñado para iniciar os participantes na práctica do Mindfulness a efectos persoais como profesionais.

O Mindfulness é unha disciplina relacionada co benestar integral, que está en auxe dende hai máis de tres décadas, comezando no campo da saúde física, máis tarde no campo da saúde mental ata estenderse ao campo da educación, como complemento clave para o aprendizaxe social e emocional. O profesorado que complete este curso poderá optar a un curso posterior para formarse como ensinar mindfulness ao seu alumnado.

En cada encontro (Pavillón I do Campus Universitario, na 1ªPlanta no Seminario de Inglés) haberá ensinanza teórico-práctica ademais da oportunidade para que os participantes compartan as súas experiencias. Ao longo do período de ensinanza animarase os participantes a que desenvolvan unha práctica diaria na casa de 10-20 minutos ao día.

Programa formativo

O curso forma parte do programa educativo “Cursos de formación do profesorado” que organiza a Concellería de Educación, co obxectivo de mellorar as capacidades e a formación do profesorado, e ofertando unha serie de cursos homologados pola Xunta de Galicia que se realizan ao longo do curso escolar. O programa inclúe tamén cursos de “Programación neurolingüística” e “Saúde integral, Si!”