Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

As concellerías de Educación e Cultura ofrecen catro representación teatrais da nova obra da compañía de teatro ourensá Sarabela, "O Rei morre", para o alumnado de 21 centros educativos da cidade. Asistirán un total de 950 alumnos e alumnas de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos os días 29 e 30 de novembro, en horario de 10:00 e 12:00 horas, na sala principal do Auditorio.

Os profesores poden descargar unha guía didáctica desde a web da Concellería de Educación na que atoparán información sobre o autor e a obra, orixinal do dramaturgo romanés Eugene Ionesco. A obra leva a reflexionar sobre a vida humana, mediante a interpretación da vida do rei Berenguer I. Grazas a esta representación, os escolares poderán atopar diferentes sentimentos de angustia, impotencia e tristeza que provocan que o espectador cuestione na súa vida.

Dirixida por Ana Vallés e interpretada por un elenco formado por Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo e Alfonso Míguez, a compañía Sarabela volverá interpretar O Rei morre o venres 1 de decembro ás 20:30 horas, desta vez nunha obra aberta ao público xeral e con entradas desde 5 euros.