Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

O Concello de Ourense pón a disposición dos centros educativos da cidade un total de trece programas con máis dun cento de actividades para escolares, a desenvolver durante o novo curso escolar.

A concelleira, Belén Iglesias, e o equipo técnico da Concellería de Educación mantiveronunha xuntanza na sala Valente con directores e directoras dos colexios para presentarlles polo miúdo os programas e actividades ofertadas, que o profesorado dos centros xa pode solicitar desde o 20 de setembro a través da páxina web da Concellería de Educación

A programación dálle continuidade ás propostas formativas que cada ano desenvolve a Concellería de Educación, e incorpora novidades, como o Roteiro guiado adicado a Carlos Casares, os concertos didácticos de jazz para alumnado de ESO, e as actividades formativas de alfabetización enerxética.

As demais mantéñense aínda que varían os títulos, as temáticas e algúns formatos sempre co obxectivo de mellorar os contidos que se poñen a disposición do alumnado.

O programa “Días con Nome Propio” amplía as súas actividades e englobará todos aqueles días sinalados que se pretende celebrar ao longo do curso escolar. Utilizará distintos recursos e espazos da cidade como rúas, prazas, Escola Municipal de Música e Teatro, Bibliotecas, Auditorio, Aula da Natureza, centros de ensino, etc... con actividades de celebración de datas como os días da Música, das bibiliotecas , do libro, Entroido, Letras Galegas, Medioambiente, Bosques Autóctonos, Humedais, Aves, sen coche, museos, poesía, paz, árbore, biodiversidade...

Os programas educativos ofertados este curso son

  • Animación á lectura
  • Artes Escénicas na Escola
  • Aula da Natureza
  • Coñece a túa cidade
  • Exposicións
  • Cursos de Formación do Profesorado
  • Días con Nome Propio
  • Educación Viaria, prevención e seguridade
  • Educación en Medioambiente
  • Programa de Nadal