Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Escola Municipal de Música do Concello de Ourense en colaboración coa ONCE ofrecerá o venres, 2 de xuño, un concerto para escolares con problemas de visión. Será “O concerto dos sentidos”, un concerto especial de achegamento á música e ás distintas especialidades instrumentais que se imparten no centro, dependente da Concellería de Educación. Será ás 17:000 horas, na escola, sita na rúa da Canle.

Acudirán nenas e nenos con baixa visión e cegueira total acompañados das súas familias co obxectivo de que a través da música poidan desenvolver sentidos como o tacto e o gusto.

Dúas orquestras infantíes serán as encargadas de levar a cabo este concerto didáctico, a “Baby Boom Band” e a “Orquesta infantil Emmo”, ambas son as agrupacións máis novas da escola.

A Baby Boom Band está pensada para que os pequenos violinistas menores de 8 anos acompañados de pais, nais ou titores traballen xuntos en clase apoiados polo profesor xa que o traballo de nais e pais é fundamental e algúns aprenden a tocar o instrumento ao mesmo tempo que os cativos, desenvolvendo así un vínculo extraordinario e marabilloso xa que os nenos aprenden a tocar igual que aprenden a falar.

A Orquestra Infantil Emmo está pensada para que o alumnado que comeza a práctica instrumental de calqueira especialidade aos 8 anos de idade poda tocar en conxunto con outros alumnos de distintas especialidades e iniciarse na práctica orquestal.

Os compoñentes das dúas formacións explicarán e achegarán os seus instrumentos aos escolares e interpretarán pezas breves que lles permitan percibir as diferenzas e características de cada instrumento ao mesmo tempo que percibirán sensacións que a música pode expresar de forma emocional a través do tacto e do gusto.