Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación, dentro do seu programa educativo Educación e Saúde Ambiental, quere que os escolares da cidade coñezan as árbores da nosa contorna e para iso realizará, cun total de 329 escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria de diferentes colexios de Ourense, a actividade “Caderno de campo”. O programa comezou o 21 de abril cos alumnos do CPR Luís Vives, que estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Belén Iglesias.

O obxectivo é a realización dun caderno de datos onde os nenos e nenas poidan plasmar con debuxos as distintas árbores que se lles mostrarán, coñecendo a súa función no medio e, sobre todo, os datos de interese da árbore ou planta que elixamos. A actividade complétase con dúas montaxes audiovisuais da naturista Edith Holden, que dedicou a súa vida á observación da natureza e a representala en debuxos realizados por ela mesma, quen tiña como profesión ilustrar libros de contos.

Para rematar e complementar a xornada de observación co traballo nas aulas, estudarán o esquema do emprazamento dun campo forestal, así como das especies elixidas.