Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de educación abre o prazo para anotarse nas actividades de conciliación laboral e familiar para o Nadal 2016. Estas actividades, dirixidas a nenos e nenas de 3 ata 12 anos, e desenvolveranse desde o vindeiro 22 de decembro, primeiro día de vacacións dos escolares, até o 5 de xaneiro nos seguintes espazos: Sala Valente, Escola Municipal de Idiomas, Bibliotecas Municipais e Aula da Natureza do río Miño.

A inscrición pode realizarse até o 22 de decembro (de 8,30  a 14,00 horas) na Concellería de Educación (agás nas bibliotecas), e as prazas serán asignadas por rigoroso orde de inscrición. A documentación que deberá entregarse no momento da inscrición é unha fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a e unha foto. O prezo das actividades ten un custe de 10 euros para o primeiro inscrito, e de 5 euros para os irmáns.

 

Centro cultural Ángel Valente

As actividades no Centro cultural Ángel Valente(rúa do Paseo, 20) están destinadas a alumnado de Educación Infantil (3-5 anos)

Horario: 11,00  a 13,30 horas e de 18,30 a 20,30 horas

Luns pechado. 22 e 23 de decembro só de tarde.

Escola Municipal de Idiomas

Na Escola Municipal de Idiomas (Rúa da Canle, 6) haberá actividades para alumnado de Educación Primaria (6 a 12 anos)

Horario: 8,30 a 14,30 horas.

Aula da Natureza do río Miño

A Aula da Natureza do río Miño (paseo fluvial de Oira) acollerá actividades para alumnado de Educación Primaria (6-12 anos)

Horario: 10,00 a 13,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas.

Excepto 5/1/2017 pola tarde.

Bibliotecas Municipais

Inscrición nas propias bibliotecas.

  • BPM A Carballeira. Praza de Sagrado Corazón s/n
  • BPM San Francisco. Explanada de S. Francisco s/n
  • BPM A Ponte. Praza mestre Luís Fernández s/n
  • Punto Animación á Lectura “O Couto”. Rúa Francisco Asorei, 43

Para alumnado de 4 anos cumpridos no momento da solicitude ata os 10 anos.