Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense ten como obxectivos prioritarios intentar acadar a mellora da calidade do ensino e favorecer o acceso á formación en igualdade de oportunidades.

Para conseguilo a Concellería traballa en dous campos principais; por unha banda, leva a cabo unha política de mellora da calidade de infraestruturas e mantemento dos centros públicos municipais a través do contacto cos centros nas reunións do Consello Escolar Municipal; e por outra banda, a través da oferta dunha serie de programas e actividades educativas que axudan a completar e consolidar a formación dos escolares.

As competencias do Concello en materia de Educación están definidas na normativa vixente, e resúmense en: planificación educativa, xestión de infraestruturas educativas, formación e promoción no ámbito educativo, educación non regulada (Escola Municipal de Música e Escola Municipal de Idiomas), Escolas Infantís,Consello Escolar Municipal, Consellos Escolares de Centro, Cidade Educadora e as actividades extraescolares. Polo tanto son competencias da Concellería:

  1. Colaborar cos centros educativos no impulso das actividades extraescolares e promover a relación entre a programación dos centros e o contexto socioeconómico no que desenvolven a súa tarefa.
  2. Garantir a orientación académica, psicopedagóxica e profesional do alumnado escolarizado nas etapas de ensino obrigatorio.
  3. Conservar, manter e vixiar os edificios destinados a centros de educación infantil, primaria, dependentes da Administración educativa.
  4. Cooperar co goberno autonómico na obtención dos solares necesarios para a construción de novos centros docentes.
  5. Establecer convenios de colaboración con outras administracións en relación coas ensinanzas de réxime especial.
  6. Facilitar e posibilitar o uso dos centros docentes fóra do horario escolar para actividades educativas, culturais, deportivas e outras de carácter social.
  7. Iniciar actuacións que posibiliten o desenvolvemento das escolas infantís existentes ou crear novas, establecendo convenios co goberno autonómico e/ou cos centros privados de educación infantil da cidade.
  8. Realizar o seguimento das actuacións municipais, na súa globalidade e sempre desde un punto de vista transversal, en canto ás competencias obrigatorias:mantemento e reparación dos centros, vixilancia, adscrición de conserxes ós centros, funcionamento das instalacións relacionadas con subministracións e limpeza.
  9. Facer efectiva e útil a representación do Concello nos consellos escolares dos centros docentes públicos.
  10. Asegurar que na constitución do Consello Escolar Municipal (CEM) estean representados todos os sectores afectados na comunidade educativa.
  11. Potenciar a participación da cidadanía no Consello Escolar Municipal.