Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Educación

Áreas

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, vén de presentar no salón de plenos do Concello de Ourense as actividades de conciliación preparadas polo seu departamento durante as vacacións escolares de semana santa. Desenvolveranse na Aula da Natureza e nas bibliotecas municipais de San Francisco, A Ponte e A Carballeira. “Unha alternativa escolar para os pais nas que se aplicará unha metodoloxía baseada na aprendizaxe a través do xogo”, explicaba Iglesias Cortés.

Aula da Natureza do Río Miño

  • Dirixido a alumnado de Educación Primaria
  • Os días 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00 a 13.00 horas + de 16.00 a 19.00 horas

As actividades da Aula da Natureza, en horario de mañá e de tarde, consistirán en aprender da contorna natural, obradoiros de reciclaxe, paseos polas ribeiras do río Miño e outras accións nas que o que se busca, segundo o seu coordinador, Luís Amigo, é “fomentar a interacción co medio ambiente e o coñecemento dos recursos máis achegados”, indica. A inscrición é gratuíta, na Concellería de Educación, até o 6 de abril de 2017, e as prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada.

Bibliotecas Municipais

  • A Carballeira: Sábado 8 de abril de 11.00 a 13.00 horas e o 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00 a 13.30 horas
  • A Ponte: sábado 8 de abril de 11.00 a 13.00 horas e o 10, 11 e 12 de abril de 10.00 a 13.30 horas
  • San Francisco: 10, 11 e 17 de abril de 10.00 a 13.30 horas

Actividades para nenos entre 4 e 10 anos. As actividades de conciliación nas bibliotecas municipais, que só se desenvolverán pola mañá, xirarán ao redor da animación á lectura, da comprensión lectora e dos xogos colectivos. “Os libros tamén poden ser divertidos”, afirmaba durante a presentación a coordinadora destes espazos públicos, Isabel Rodríguez. “Serán sesións dinámicas e lúdicas nas que se buscará que os máis cativos interactúen”. A inscrición, gratuíta nas propias bibliotecas, até o 7 de abril de 2017