Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Consello Municipal de Deportes de Ourense ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deporte base e feminino, de acordo cos seus estatutos e a lexislación de réxime local e deportiva. Así mesmo o Consello Municipal de Deportes é competente para aprobar Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva.

 

Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos e formularios” que se atopa ao final desta páxina. As Bases reguladoras foron publicadas no BOP nº 98 de 29/04/2016

Destinatarios

Terán a condición de destinatarios:

  • As federacións, asociacións, clubs ou entidades deportivas do municipio de Ourense inscritas no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais.
  • Os clubs deportivos do municipio de Ourense inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais que participen ou organicen competicións de carácter oficial.

Quedan expresamente excluídos:

  • Todos aqueles que teñan cantidades pendentes de reintegro procedentes de subvencións anteriores.
  • As entidades debedoras do CMD ou do Concello de Ourense
  • En xeral todos aqueles incursos en causas das previstas na Lei 38/2003 de 13 de novembro xeral de subvencións (art. 13) e a Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia (art. 10) ou normativa que as substitúa.
  • As actividades en idade escolar subvencionadas polos órganos competentes da Xunta de Galicia ou outras Entidades Públicas.
  • As entidades sancionadas en firme por infracción moi grave por órganos de xustiza deportiva.

Liñas de financiamento:

  • Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre 1 de novembro do ano precedente e o 31 de outubro de cada exercicio orzamentario.
  • Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, ben na tempada ou anualidade que rematen no exercicio orzamentario
    Prazos

As solicitudes presentaranse nas oficinas do Consello Municipal de Deportes e o prazo de presentación será:

  • Liña de actuación 1.a: Ata o 31 de outubro.
  • Liña de actuación 2.a: 30 días naturais dende a publicación da convocatoria no BOP. – Data máxima de solicitude: 01 de xuño de 2016

 

Documentos anexos:

Máis información

http://www.deportesourense.com/subvencions/