Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O domingo 4 de xuño terá lugar a VI BTT Cidade de Ourense organizada polo Clube Ciclista Dúas Rodas, en colaboración con Consello Municipal de Deportes de Ourense, a Deputación de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Ciclismo.


O Paco Paz da capital ourensana será o lugar de saída e chegada desta marcha cicloturista en bicicleta de montaña non competitiva que chega a súa sexta edición. Nesta edición haberá tres rutas de diferente distancia e dificultade para tódolos participantes, de 35, 60 e 80 kilómetros.


Dente as 8 da mañá do domingo os ciclistas da ruta extrema, e dende as 9,00 horas o resto, poderán disfrutar desta marcha btt, que percorrerá os concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Esgos, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.


Por 10 euros os federados e 12 euros os non federados (seguro de accidentes) os participantes terán dereito a abastecementos de sólido e líquido (dous para os participantes na ruta curta e tres para a longa e extrema), serivzo de ambulancia, duchas, lavado de bicis e un detalle da proba.


Para rematar haberá pinchos e bebidas para recuperarse do esforzo.


A ruta de 35 km ten 850 metros de acumulado e unha dificultade física técnica media; a longa, ten 1.500 metros de acumulado e a dificultade física e media-alta; mentras que a extrema ten unha dificultade física e técnica alta, cun acumulado de 2.000 metros.


A marcha estará sinalizada por todo o percorrido das rutas curta e a longa( o resto da ruta extrema, 20 km, será autoguada por GPS e o ciclista poderá descargala dende Internet). Haberá carteis de información anunciando tramos de Strava, seguintes puntos de abastecemento e tramos que sexan de dificultade.


Os participantes deben chegar coas súas bicis en bo estado e o uso do casto é obrigatorio.