Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O campo de fútbol municipal de Palmés loce nova faciana logo do investimento de 9.000 euros que Concello de Ourense e Deputación Provincial efectuaron no mesmo para arranxar o piso do campo de xogo e a mellora do cadro eléctrico. O concelleiros de Infraestruturas e de Promoción Económica, José Araújo e Jorge Pumar, este último actuando como vicepresidente do ente provincial, reuníronse esta mañá coa nova directiva do CD Palmés para revisar o estado das actuacións.

Sobre o terreo, comprobaron as 840 toneladas de sábrego e 81 de area para a mellora do piso do terreo de xogo, que presentaba un estado deficitario logo de tres lustros sen modificación algunha albergando competicións deportivas. Os traballos realizáronse coa maquinaria da Deputación Provincial e consistiron na distribución, nivelación e compactado do material antes mencionado. Por outra banda, colocouse un novo cadro eléctrico substituíndo o anterior, que resultaba insuficiente para as instalacións e servizos do campo, mellorando a seguridade dos usuarios.

O custo aproximado do investimento foi de 9.000 euros, 8.000 no campo e 1.000 no cadro eléctrico. Os traballos, que comezaron o o 1 de agosto, finalizaron o pasado martes.