Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

Campo de fútbol de Oira

Os campos de fútbol dos Remedios e Oira locen novo céspede artificial, con nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol, logo das obras de remodelación realizadas polo Consello Municipal de Deportes. Esta tarde terá lugar o acto de recepción das obras de renovación do céspede e mellora do rego de ambos campos, os máis utilizados e referentes do fútbol base na cidade.

Circuito da San Martiño 2017

Este domingo, 19 de novembro, desenvolverase polas rúas de Ourense a edición 41 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que este ano conta con 10.958 inscritos nas diferentes categorías: Absoluta (4.268), Escolar (3.937) e Cativos (2.753). A primeira delas terá que cubrir 10.000 metros (homologados pola Federación Galega de Atletismo

Recepción a Iván Salgado

O ourensán Iván Salgado López (1991), Campión de España Individual 2017, foi recibido  no salón de plenos do Concello de Ourense polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e pola secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañados do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Concello de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense, no seu empeño por fomentar e promocionar o deporte de base, presenta a súa participación no I Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo, que se vai a celebrar no Centro de Alto Rendemento de Gaia (Portugal) os días 21 e 22 de outubro de 2017.

Presentación da proba

Os membros do Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense presentaron no salón de plenos do Concello a súa proba número 50, unha das máis ambiciosas da súa historia como organización deportiva: "Marruecos On Bike 2017", unha carreira de BTT por etapas que se disputa en Marrocos cunha duración de oito días. Unha das probas de maior sona internacional neste mundo deportivo que é o da BTT.

Cartel de Correndo X Ourense

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense ten unha nova cita este domingo, 24 de setembro, coa disputa da carreira do Barrio da Ponte. A proba correrase este ano co lema “Oportunidades Galicia, Corre pola Reciclaxe” e forma pàrte da campaña “Oportunidades Galicia-Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”, que promoven Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Presentación do Torneo Alevín de fútbol.

A cidade de Ourense converterase esta fin de semana en referente do fútbol base internacional coa segunda edición do Torneo Internacional Alevín fútbol 7, Mercedes-Benz Garza, que organizan o Club deportivo Santa Teresita e BeOne coa colaboración do Concello, a Deputación e o grupo La Región.

Complexo polideportivo de Os Remedios.

A Rehabilitación do Subministro de Enerxía Termal para o Pavillón dos Remedios permitiralle ao Concello de Ourense aforrar en torno aos 80.000 euros anuais na factura de Gas Natural. O proxecto da Concellería de Infraestruturas prevé a substitución da actual condución, que discorre desde As Burgas polo lateral do río Barbaña, e cuxo trazado non está definido con precisión debido á súa antigüidade, a través de 1.400 metros lineais cara a unha das balsas do complexo deportivo.

Circuito del Pulpo Extreme

A espectacularidade do Descenso Urbano - Mercedes Benz (DHU) polas rúas do Casco Histórico, evento que dará a saída da segunda edición do Pulpo Extreme, non vai estar rifada coa seguridade. Un amplo dispositivo composto por voluntarios e comisarios da organización, así como con medios sanitarios de emerxencias, vixiará o desenvolvemento da proba para solventar de forma inmediata calquera incidencia que poida ocorrer, e a Policía Local controlará o acceso de vehículos á zona peonil da cidade.

Percorrido do Pulpo Extreme 2017

O Descenso Urbano - Mercedes Benz (DHU) polas rúas do Casco Histórico é o evento de apertura do Pulpo Extreme, que este ano alcanza a súa segunda edición. Transcorrerá pola zona vella da cidade de Ourense, cruzando a Praza Maior e terminando nas Burgas.