Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Deportes

Áreas

O Concello de Ourense, ao amparo da Lei constitúe, como Organismo Autónomo, o Consello Municipal de Deportes, dotado de personalidade xurídica propia, plena capacidade xurídica e de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial.

O Consello Municipal de Deportes (CMD) queda adscrito á Concellaría de Deportes do Concello de Ourense.

Organismo Autónomo que ten por Obxecto social (artigo 3 dos Estatutos do CMD):

  1. A promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deportes base no Concello de Ourense
  2. A planificación e creación de novas instalacións deportivas
  3. A conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións deportivo recreativas de propiedade municipal
  4. A xestión do posible uso doutras instalacións públicas ou privadas para o cumprimento dos fins do Consello Municipal de Deportes.
  5. Organizar e, no seu caso, autorizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.
  6. Calquera outra que lle sexa atribuída ou delegada de conformidade co ordenamento xurídico

En interese da transparencia municipal, pónse á disposición da cidadanía os seguintes datos relativos ao Consello Municipal de Deportes: