Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Festival de Música Pórtico do Paraíso

O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso naceu en febreiro de 2008 para tratar de encher un baleiro na vida musical da cidade. Foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar a solistas e grupos dunha calidade moi alta ou mesmo excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.

A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo pois nela ábrese cada edición cun concerto de música sacra. Paralelamente, celébranse, segundo a edición, exposicións, mesas redondas, conferencias, encontros ou clases maxistrais polo que toda a cidade respira música durante o dez días que dura o evento.

O Concello de Ourense asume a organización do Festival, e a Deputación de Ourense a coorganización. A Xunta de Galicia a través da AGADIC e a Asociación Pórtico Musical refórzano coa súa colaboración.

Máis información: www.porticodoparaiso.com


Ciclo de Música de Cámara Enclave de Cámara

O Ciclo de Música Enclave de Cámara, trátase dunha programación estable de concertos, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ourense. As actuacións son normalmente os primeiros xoves de cada mes - entre outubro e xuño - no Teatro Principal.

Durante este tempo, teñen pasado pola cidade os mellores artistas do panorama nacional e internacional.