Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Gañadores e premiados do Concurso de Beléns Públicos do Concello de Ourense pecharon o 12 d xaneiro a vixésimo segunda edición no salón de plenos coa entrega dos diplomas acreditativos. No acto participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

Logo de valorar materiais empregados, efectos de luz, auga e outras creacións, e tendo en conta o seu valor artístico, histórico e relixioso, primando beléns que sexan de nova elaboración sobre os fixos nun espazo, ou aos que simplemente se lle engadan escenas, elementos decorativos ou se redistribúan os elementos utilizados en anos anteriores... os gañadores foron os seguintes:

  • Na categoría Entidades, o primeiro premio foi para a Residencia San José (400 €), e a Fundación San Rosendo – Nsa. Sra. Da Esperanza acadou o segundo (300€).
  • Na categoría Familiares, Nerea Barxa Corral levou o primeiro premio (300€) e América Vázquez Barreiro o segundo (200€).
  • Entre os Escolares, o de Divina Pastora – Franciscanas foi merecedor do primeiro premio (300€), e Carnenal Cisneros do segundo (200€). O premio á Orixinalidade recaeu no Colexio Carmelitas (300€).

Os beléns puideron visitarse nos seus emprazamentos orixinais.