Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense vén de presentar a batería de actividades coas que queren poñer en valor a figura de Carlos Casares co gallo do Día das Letras 2017. “Unha forma de divulgar as moitas facianas do homenaxeado das Letras Galegas, e unha forma, tamén, de amosar unha parte de nós, como ourensáns, que Carlos Casares levou sempre con moito orgullo”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O rexedor estivo acompañado no Salón de Plenos polo presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares, quen agradeceu a implicación das institucións na memoria do escritor, e pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias, que debullou as actividades elaboradas desde o departamento de Cultura.

Calendario

Venres 12, 20.30 horas. Auditorio Municipal. Os mortos daquel verán, (Talía Teatro), estrea da adaptación da obra de Carlos Casares.

Luns 15, 11.30 horas. Praza de San Martiño. Actividade escolar e actuación de Raquel Queizás

Martes 16, 12.00 horas.- Salón de Plenos do Concello de Ourense. Acto institucional en homenaxe a Carlos Casares

13.30 horas. Xardíns Bispo Cesáreo. Descuberta da placa - escultura de Xosé Cid.

20.30 horas. Auditorio Municipal.Concerto Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia, organizado polo Consello da Cultura Galega.

Mércores 17, 11.00 a 21.00 horas. Rúa do Paseo. Postos de venda das librerías ourensás

11.30 horas. Centro Cultural A. Valente Punto de encontro do Roteiro Carlos Casares

12.00 horas. C.C. A. Valente. Actividade infantil: Carlos Casares con maxia e música

13.00 horas. Rúa do Paseo (á altura C.C. A. Valente) “Cantata e fuga para Carlos Casares”. Actuación musical de Emilio Rúa coas palabras de Carlos Caneiro.

Todas estas actividades súmanse á exposición que agora mesmo se pode visitar na Sala Valente até o 21 de maio Os mundos de Carlos Casares, a exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, con máis de 500 pezas intrinsecamente ligadas á súa vida.