Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir o cartel anunciador dos Maios 2017, festa declarada de interese turístico de Galicia, que se celebrará o primeiro domingo día 7 de maio. Dotado cun premio por importe de 800 euros, pretende estimular a participación de creadores e deseñadores, veteranos ou noveis que desexen presentar as súas propostas para anunciar esta celebración emblemática do ciclo festivo ourensán.

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre onde figurará “Concurso carteis Maios 2016” e debaixo un pseudónimo ou lema. O prazo será de 20 días e está aberto ata o xoves, 20 de abril. As bases pódense consultar integramente na web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.

Os carteis deberán de incluír o texto: “Maios, Festa de interese turístico”. Os orixinais deberán ser inéditos e se presentarán gravados en alta resolución en CD e impresos e pegados sobre cartón pluma de 50x70 cm. (vertical).

O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello de Ourense para promocionar o programa de actividades desta festa. O xurado valorará o conxunto de creatividades tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística.

Premios aos mellores maios e coplas

O Concello incentivará un ano máis a participación nesta festa por parte de veciños e veciñas e colectivos da cidade, a través cun concurso que premiará os mellores maios e coplas nesta edición 2017.

O prazo de inscrición está aberto, neste caso, ata o día 2 de maio. Repartiranse un total de 11.000 euros en premios. Poderán participar nesta convocatoria todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e calquera persoa que o desexe, sempre que sexa maior de idade, en varias categorías:

No concurso de maios:

  • Maio Enxebre é aquel maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou
    cruceiros. As súas medidas deben oscilar entre 1.5 e 2.00 metros de altura
  • Maio Artístico é o que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou
    obras de arte do pobo ou da cidade

Máis información