Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, recibiu no salón de plenos do Concello a medio centro de estudiantes da materia “Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio”, do grao de Socioloxía da Universidade da Coruña, e ao seu profesor Valerio González. Como parte das súas prácticas, realizan esta visita urbanística á cidade de Ourense.Percórrena en autobús con megafonía, máis algún treito a pé, co obxectivo de coñecer:

  • Tecidos urbanos (casco histórico, ensanche, polígonos residenciais, etc.)
  • Localización de actividades (entendendo procesos de centralidade, turistificación, etc.)
  • Tipoloxías de espazos (viario, parcelacións, espazos simbólicos, etc.).

Tras visitar o Concello, percorreron a pé parte do casco vello e do ensanche. Comerán no Campus e percorrerán en bus o rural ata as 17,00 horas, cando volverán á Coruña.