Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O alcalde, Jesús Vázquez, e o director do OUFF, Fran Gayo, mantiveron unha reunión para planificar os avances da edición deste ano. Tal e como ambos puxeron de manifesto, estase a traballar na captación de colaboradores para o certame.

Así o sinalaron o alcalde, Jesús Vázquez, e o director do OUFF, Fran Gayo, que mantiveron unha reunión para planificar os avances da edición deste ano. 

“Puxemos sobre a mesa todos os contidos sobre os que levamos traballando desde hai semanas e que están moi avanzados. E tamén estamos traballando con universidades e filmotecas, así como na financiación do certame. Estamos traballando moi ilusionados coa certeza de que a edición anterior foi un gran festival”, sinalou o director artístico do OUFF, Fran Gayo.

Pola súa banda, o alcalde, Jesús Vázquez, manifestou a súa satisfacción por comprobar que “a 22 edición do OUFF xa está en marcha, gracias ao intenso traballo que se ven desenvolvendo desde hai semanas. O obxectivo é lograr que este certame se consolide e consagre como a gran cita do audiovisual do Noroeste da Península Ibérica, con gran implicación do mundo lusófono”.