Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Ene A. Natureza Asimétrica é o título da exposición de Patricia Fernández Paz, a terceira xa na cidade de Ourense, que se poderá visitar no Auditorio Municipal até o vindeiro 9 de abril. É unha colección de 20 pezas de diferente formato nas que se mestura a obra pictórica coa esculto-pictórica, e na que pretende amosar as sombras dunha realidade moderna e deshumanizada.

As súas pinturas, afirma a artista, son fiestras abertas a unha arquitectura urbana, con ápices futuristas e paisaxes estáticas, silandeiras. “Son perspectivas arriscadas, inspiradas en cómics, empastando con espátula, un elemento cortante e brusco que me axuda a desatar a miña imaxinación”, di a chantadina afincada en Ourense “Trato de amosar arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada e chea de incerteza”, di.

A exposición foi presentada no vestíbulo do Auditorio de Ourense coa presenza da artista acompañada da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e da directora de Espazos Expositivos do concello de Ourense, Eva Torres. Poderase ver até o 9 de abril no horario de apertura do propio espazo.

Catálogo da mostra (pdf)