Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A exposición, "Prego de Oliver e a captación do eterno. O óleo como materialización da súa plástica" rematou o 26 de febreiro. Non obstante, o Centenario continúa as súas actividades cunha nova xornada de portas abertas para celebrar a terceira e última Fase de Catalogación de obras de Prego.

Dada a crecente solicitude de persoas interesadas, o equipo de traballo dirixido desde o Museo Municipal estima convinte a apertura desta nova e última fase de recepción de obras do artista, polo seu inestimable valor histórico-artístico

Horario de atención

Ésta realizarase durante os días 1, 2 e 3 de marzo en horario de recepción de obra de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, aberta a todo o público interesado en colaborar con obra do pintor.

Do mesmo xeito, esta fase de catalogación será incluida na publicación para o enriquecemento do estudio realizado sobre o pintor e que será presentada ao término do Centenario -"Prego, 100 anos"- como colofón do mesmo.