Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

“O Entroido é unha das actividades máis subversivas e divertidas do ano”. Así comezaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, a presentación do programa do Entroido 2017, o 15 de febreiro no salón de plenos do Concello de Ourense. Por iso, as actividades están destinadas a que os cidadáns e visitantes poidan saír ás rúas da cidade e celebrar esta data como corresponde: con música -haberá un total de 18 charangas, orquestras en horario de tarde e horario de noite, e ata unha innovadora proposta multidisciplinar chamada Dial de Entroido-, con animación e cos xa tradicionais desfiles de Entroido e concurso de Rei-Raíña e comparsas.

Na presentación do programa acompañaron á concelleira Belén Iglesias a técnica do seu departamento, María Díaz, quen apuntou para o Xardín do Posío como principal novidade desta programación -trátase “dunha zona máis axeitada para as actividades de cativos e, ao mesmo tempo, dinamizamos outras zonas da cidade”-, e Isabel Seidell, autora do cartel de Entroido. “A cidade de Ourense non ten elementos típicos coma outros entroidos da provincia, por iso quixen destacar a praza maior, o lugar onde se concentra toda a festa, de aí a alegría e a cor”, dixo Seidell. Nunha segunda lectura, está “a fin do Entroido e o enterro da sardiña con esta óptica de ollo de pez”.

A programación completa