Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Festival Internacional de Cine de Ourense

O certame que terá lugar entre o 28 de outubro e o cinco de novembro basearase en tres pivotes esenciais: o cinema galego, iberoamericano e as óperas primas.

A 21 edición do OUFF marcará un xiro na traxectoria deste festival ao darlle un maior protagonismo ao cinema iberoamericano, que será o eixo dunha de dúas seccións competitivas. Están previstas tres retrospectivas sobre cinema iberoamericano.

Tamén haberá unha sección dedicada ao cinema feito en Galicia, coa intención de dar visibilidade a unha nova xeración de cineastas como Lois Patiño ou o último premio da Semana da Crítica en Cannes Oliver Laxe.

Para os máis pequenos haberá unha nova edicion do proxecto OUFF Escola, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre os mozos, coñecer a súa visión da súa contorna sociocultural e fomentar a súa creatividade audiovisual e traballo en equipo a través da linguaxe cinematográfica.

Máis información