Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Teatro

Outro dos aspectos que caracteriza a Ourense como cidade cultura é no campo das artes escénicas. A día de hoxe na cidade mantéñense tres festivais de teatro estables ao longo do ano, a maiores de estreas de producións propias de compañías ourensanas, como é o caso da compañía Sarabela.

A máis antiga é a MITEU – Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense -, que este ano acadou a súa 19ª edición, e que se desenvolve na primavera.
Máis adiante celébrase a FITO - Festival Internacional de Teatro de Ourense -, da que este outono foi a súa 7ª edición. Finalmente no Nadal, e pensando nos máis pequenos, fai 10 anos que ten lugar a Mostra de Teatro Infantil – MOTI -, o que ven a ser o mellor complemento para esas datas.

Artes escénicas

O Festival de artes do corpo de Ourense Corpo(a)terra tivo a súa primeira edición na cidade no ano 2011. Desde ise ano, foi consolidando unha oferta cultural centrada na danza e nas artes escénicas que ten lugar nas prazas e lugares emblemáticos da cidade.

Toda a información está no seguinte enlace www.corpoterra.com.