Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

As obras afectadas son Os Rockenstein, previsto para este domingo, O tolleito de Inishman, e Fantasía coas palabras. O departamento de Cultura moveu as datas para os meses de febreiro e maio.

As entradas poderán comprarse en ataquilla.com como se fai habitualmente, e dúas horas antes de cada espectáculo na billeteira do propio Auditorio.

Ourense, 12 de xaneiro de 2018.

A programación do Auditorio de Ourense para a vindeira semana vén de sufrir axustes no que ás actuacións teatrais se refire. Así, as obras Os Rockenstein, O tolleito de Inishman e Fantasía coas palabras, previstas desde este domingo até o que vén, serán trasladadas a outras datas xa asignadas desde a Concellería de Cultura.

As entradas para estes espectáculos poderán seguir comprándose, como é habitual, en ataquilla.com, ou dúas horas antes de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

As persoas que xa mercaron a entrada para estes espectáculos poderán elixir entre a devolución dos cartos, ou o troco da mesma para a nova data do espectáculo.

Información Auditorio municipal: 988.391.290