Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense convoca un concurso para elixir os carteis anunciadores de dúas das próximas citas do calendario festivo local: o Samáin – Festa de Todos os Santos, que se celebrará o día 31 de outubro, e os Magostos, festa de interese turístico, que se desenvolverá o día 11 de novembro. O concurso está dotado con premios por importe de 600 e 800 euros, respectivamente, e pretende estimular a participación de profesionais do deseño que desexen presentar as súas propostas para anunciar estas celebracións emblemáticas do outono na cidade.

Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre onde figurará “Concurso carteis Samaín e Magosto 2017” e debaixo un pseudónimo ou lema. O prazo está aberto ata o día 13 de outubro.

As bases pódense consultar integramente na web da Concellería de Cultura www.ourensecultura.com.

Os carteis deberán de incluír os textos: “Samaín: Martes, 31 de outubro de 2017” e “Magostos: Sábado, 11 de novembro de 2017, Ourense. Festa de interese turístico”. Os orixinais terán que ser inéditos e presentaranse gravados en alta resolución en CD en formato editable e impresos e pegados sobre cartón pluma de 50x70 cm. (vertical).

O cartel elixido será utilizado tamén como imaxe gráfica integrante dos anuncios na prensa escrita, carteis, mobiliario urbano publicitario, e outros elementos divulgativos que editará o Concello de Ourense para promocionar o programa de actividades desta festa.