Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense convoca as axudas que darán apoio á realización de programas e actividades culturais e festivas na cidade durante o presente ano 2017. O Boletín Oficial da Provincia do 21 de xullo anuncia esta convocatoria, dotada cun orzamento de 65.000 euros, á que poderán optar asociacións culturais, comisións de festas e entidades sen ánimo de lucro que presenten as súas solicitudes no Concello. O prazo rematará o día 14 de agosto.

O obxecto da convocatoria é regular a concesión de subvencións para programas, actividades culturais e festivas na cidade que se desenvolvan desde o día 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017.

Conta con dúas liñas

A liña A dará apoio a proxectos e actividades culturais organizadas por asociacións de caracter cultural sen fin de lucro inscritas no Rexistro de Entidades Cidadás do Concello de Ourense e fundacions de caracter cultural. Poderán presentar proxectos:

  • relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura;
  • de edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte; e
  • actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial ourensán.

A liña B: festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro, está dirixida a asociacións de veciños e comisions de festas legalmente constituídas.

As bases da convocatoria e formularios poderanse obter na páxina web da Concellería de Cultura (www.ourensecultura.com) e no Servizo de Cultura do Concello de Ourense. As axudas concederanse por concurrencia competitiva, de acordo coas bases da convocatoria.

Enlace á web de Cultura para consultar as bases e anexos