Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Concello de Ourense conmemorará o Día do Libro (23 de abril) coa instalación dunha carpa na rúa do Paseo -no primeiro tramo desde o Parque de San Lázaro- para a venda de Libros por parte das librarías da cidade. Será o vindeiro luns día 24 de abril, desde as 10.30 ata as 21.00 horas.

A carpa recibirá tamén a visita dun grupo formado por 50 alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP Mestre Vide. Alí farán unha breve presentación e dous nenos lerán textos breves homenaxeando a Carlos Casares. A continuación, terá lugar unha actuación musical a cargo do grupo Xardín desordenado.

Xardín desordenado

No ano 2011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas na procura de palabras ás que poñerlle música. A selección resultante non obedeceu a criterios científicos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.

Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elixidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.

O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…

O repertorio será de poetas galegos, aínda que haberá algún tema de Casares