Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Museo Municipal acada a plena accesibilidade coa instalación dun ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal. E, o máis importante, de facelo cunha dotación fundamental: un ascensor panorámico que conecta os dous andares e a planta principal.

En resumo, o Museo Municipal, logo dun investimento de 58.000 euros, ten plena accesibilidade.

É preciso lembrar que a planta principal xa estaba adaptada con rampas de acceso, pero faltaba un acceso axeitado aos dous andares superiores do edificio. Coa instalación deste ascensor queda definitivamente resolta esta eiva.

É un ascensor panorámico, feito de vidro e adaptado non só ás necesidades dos espazo, senón tamén á súa estética. “Hai que agradecerlle ao equipo redactor do proxecto este bo gusto: o ascensor intégrase, daquela, coma unha figura escultórica máis, facendo unha integración funcional e elegante”, destacou o alcalde, Jesús Vázquez, na visita a esta instalación.

Aínda máis: este ascensor eléctrico consume moi pouca enerxía, pois aproveita as inercias, e tamén ten un sistema de seguridade a través dun mecanismo de cintas (segundo explicaron os redactores do proxecto) que avisa antes de que se produza a incidencia.

En calquera caso, unha nova dotación, na liña de seguir traballando e dando pasos para converter Ourense nunha cidade accesible, cómoda e sen barreiras.

Cartel Informativo da obra cofinanciada

Logos da Consellería de Política Social e Fondos FEDER

Información de interese