Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O aclamado espectáculo “The Hole” chega ao Auditorio Municipal de Ourense, con 6 representacións, desde o 30 de marzo ata o 2 de abril nas que amosará a súa exitosa combinación de circo, burlesque, cabaret, música e humor.

O coordinador da xira do espectáculo, Carlos Alexandre, o actor Austin Guerrero e o técnico da Concellería de Cultura Manuel Freire presentaron en rolda de prensa este espectáculo, que suma máis dun millón de espectadores en España desde a súa estrea en 2011, e que leva percorridas máis de 70 cidades diferentes e países como Italia, Alemaña, México ou Arxentina, entre outros.

O éxito acadado levou de feito a unha segunda parte Hole 2, e a unha precuela, Hole 0, que actualmente se representa en Madrid, mentres a compañía ultima a súa próxima chegada a Portugal, Inglaterra e Sudamérica.

O espectáculo creado por Letsgo, Yllana e Paco León chega a Ourense contando como mestra de cerimonias con Cristina Medina (Sevilla, 1971), actriz, cantante e monologuista popularmente coñecida polo seu papel de Nines Chacón en la serie La que se avecina.

Serán un total de 16 actores e 10 técnicos cunha escenografía espectácular que, durante 2 horas e 10 minutos (con interacto) garanten enerxía, emoción, liberdade, moita interactividade e unha “maxia moi especial” entre público e actores, nunha obra que, en palabras de Carlos Alexandre, “ten a intención de recuperar o xénero do cabaret, e de facelo ao grande”

As funcións

  • Xoves, 30 de marzo ás 20:30 horas.
  • Venres, 31 de marzo ás 19:30 e 22:30 horas.
  • Sábado, 1 de abril ás 19:30 e 22:30 horas.
  • Domingo, 2 de abril ás 18:00 horas.

Prezos: Desde 21,75 a 33 euros, segundo a función elexida

As entradas pódense adquirir en www.ataquilla.com