Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A cantante Chenoa presentará no Auditorio de Ourense o seu disco "Soy Humana" o sábado, 18 de febreiro, ás 20,00 horas, cun concerto que promete ser "moi interactivo" e ao que chega "con ganas de coñecer" a cidade.

Así o sinalou José Fritiría, da produtora ourensá Escena Sonora, durante a presentación do espectáculo. O acto tamén contou coa presenza da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, que destacou o "bo ritmo de venda" das entradas.

O produtor do concerto vaticinou que a presentación do sétimo disco de estudo de Cheno "será unha actuación moi próxima e aberta" no que haberá lugar para "a interacción" co público.

"Chenoa chega á cidade con ganas de contacto directo e a intención de intercambiar opinións", en consonancia co seu último disco, "un traballo que profundiza nas relacións persoais, a primeira impresión e a relación directa", explicou José Fritiría.

Desde a promotora informouse de que xa se venderon máis dun 65% das 918 entradas dispoñibles. Os tickets pódense comprar por anticipado a través de ticketea.com ou dúas horas antes da actuación en despacho de billetes.

As entradas teñen un prezo de 18 euros para anfiteatro e de 20 euros no patio de butacas, en compra anticipada e de 22 e 24 euros, respectivamente, en despacho de billetes.

Desde Cultura destacouse a "aposta" por colaborar con Espazo Sonoro, unha empresa ourensá coa intención de "que a cultura ourensá sexa máis dinámica".

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, cualificou como "un privilexio" a actuación "dunha das artistas nacionais máis destacadas" na actualidade e anunciou que "en breve" o Auditorio presentará o seu calendario de actuacións para os próximos meses de marzo e abril.