Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O Salón de Plenos do Concello acolleu a entrega dos premios do 27 Concurso de escaparates de Nadal, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. O acto contou coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o vicepresidente da Cámara de Comercio, Antonio Villaverde e de Rafael Luaña en representación de Hoteis Caldaria.

En total, participaron nesta edición 78 establecementos, e tal e como ten acontecido nos últimos anos, os comercios do téxtil e os establecementos da zona centro e histórica, foron os máis numerosos á hora de participar no certame. O alcalde agradeceu a participación de todos e subliñou a “importancia destas accións que tamén premian o espíritu navideño e contribúen a facer do comercio local toda unha referencia nestas datas a nivel galego”.

O xurado valorou tres aspectos: a creatividade e orixinalidade, a combinación de elementos e cores, e a iluminación e a composición.


Os galardonados

1º Premio (800 € + diploma)
La ratita presumida (Concordia 28)

2º Premio (600 € + diploma)
Galius (Cardeal Cisneros, 4 - 6)

3º Premio (400 € + diploma)
Centro óptica (Doutor Marañón, 7)

Escaparate máis votado (con 134 votos; 100 € + diploma)
Pequeño Salón (río Arnoia, 14 - baixo)

Ademais, tal e como se especificaba nas bases do concurso, tamén se sorteou unha estancia para dúas persoas outorgada por Hoteis e Balnearios CALDARIA que recaeu en Ourenfri (reparación e venda de maquinaria para hostelería, na Av. De Bos Aires).