Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

O músico ourensán Daniel Minimalia regresa á súa cidade o domingo, 28 de outubro para presentar o seu novo disco "Orixe", nomeado este ano ao Grammy Latino como mellor gravación instrumental. A cita será no Auditorio, ás 21,00 horas. As entradas poderanse adquirir en Ataquilla.com e no despacho de billetes, desde 15 euros.

Durante unha rolda de prensa no salón de Plenos, acompañado polo alcalde Jesús Vázquez, Minimalia anunciou que o concerto suporá un repaso polos seus anteriores discos "Contos Sonoros" e "Areas de Lúa", e a presentación do seu terceiro disco "Orixe" nun concerto con "algunha sorpresiña" e as colaboracións de músicos ourensáns e a cantante Nastasia Zürcher.

Na súa intervención Jesús Vázquez sinalou que "ningún lugar é mellor para volver aos escenarios que o fogar", xa que se trata dun dos primeiros concertos do músico tras máis dun ano de parón por motivos de saúde.

"En Ourense estamos emocionados e expectantes por escoitar xoias como "Auria", "Mariposa de Menta", "Moraima ou "Epika", algúns dos temas de Orixe, ?sen dúbida o mellor traballo de Daniel Minimalia".

Vázquez tamén destacou a candidatura de Daniel Minimalia aos Grammy Latino, un recoñecemento internacional que podería sumarse o próximo 16 de novembro ao Hollywood MusicAward que xa ten no seu haber pola súa canción "Ondas do Sur".