Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

Desde o 20 de xullo catro obras escultóricas de Antonio Faílde comparten coa natureza un diálogo artístico de pedra no Botánico de Montealegre. Estas pezas atópanse integradas no auditorio deste entorno natural, logo da cesión ao Concello efectuada polo fillo do mestre escultor, Miguel Ángel Faílde.

Estas catro pezas únense ás dúas que desde hai varias semanas presiden a entrada principal á Casa Consistorial, logo da cesión en comodato da familia do artista.

Cabe lembrar que o Montealegre é un espazo particularmente especial para A. Faílde, toda vez que alí tivo unha canteira na que concentrou moita da súa producción artística.

O alcalde, Jesús Vázquez, quixo agradecer de novo ao fillo do artista, Miguel Ángel Faílde, “o seu xesto de infinita xenerosidade ao poñer a disposición da cidadanía de Ourense unhas pezas que contribúen a poñer en valor e a visibilizar a figura e o legado artístico do seu pai, A. Faílde”.