Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Cultura

Áreas

A exposición Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica, dentro do proxecto expositivo 'Prego, 100 anos', seguirá aberta até o vindeiro domingo 26 de febreiro na sala Valente. Foi o éxito de asistencia -foron 13.500 os visitantes desde a súa inauguración, ademais de 900 escolares de entre 3 e 16 anos repartidos 36 visitas- así como a excelente valoración dos visitantes, especialmente durante o proceso de catalogación da súa obra, a que levou o goberno municipal a tomar esta decisión.

Pechadas xa as exposicións O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita, no Museo Municipal, e Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do bosquexo á obra gráfica, na sala Afundación, os ourensáns poderán contemplar os 111 óleos que conforman a exposición durante todo este mes. A partir da semana que vén, ademais, poderanse contemplar na sala de vídeo do espazo expositivo os debuxos e murais que estiveron expostos na sala Afundación da nosa cidade.

Horario de visita

A sala Valente, na rúa do Paseo 20, abre de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas.