Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concurso de Escaparates de Nadal celebrou o 22 de nadal, no salón de plenos, o acto de entrega dos premios aos gañadores da súa vixésimo oitava edición. A farmacia Martínez de Paz, en Francisco de Moure, a panadaría Tito da rúa Mateo de Prado, e Arte 3, en Bernardo Cachamuiña, foron os gañadores na categoría do xurado profesional. O xurado, composto por Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense, a deseñadora gráfica María García Mosquera, e a responsable da Cámara de Comercio, Cristina Durán, destacou do escaparate da Farmacia Martínez de Paz “o seu impacto visual cunha proposta clásica pero orixinal, que recrea excepcionalmente un pobo navideño”.

 

No caso do segundo e terceiro premio, respectivamente, salientaron a “combinación de todos os elementos cun acabado moi elegante”, no caso da Panadaría Tito; e a “acertada combinación da temática de Nadal co produto do establecemento”, no caso de Arte3. O premio popular, a través dos votos recibidos na páxina de facebook da Concellería de Comercio, recaeu no escaparate Hada Madrina, o máis votado con 438 gústame, seguido de Pequeño Salón, con 387.

Á entrega de premios asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Comercio, Flora Moure, e a secretaria da Cámara de Comercio, Victoria Rois. Os premios, non económicos, foron os seguintes: para o primeiro clasificado, un ordenador valorado en 779 € e un diploma; para o segundo, unha televisión valorada en 699,00 € e un diploma; para o terceiro, un equipo de son valorado en 399 € e un diploma. O premio ao mellor escaparate, por votación popular, será unha tablet. Ademais, entre todos os participantes, sortearase unha estancia dobre nun establecemento de Caldaria.

A Concellería de Comercio e a Cámara de Comercio de Ourense organizaron esta 28º do Concurso de Escaparates de Nadal.