Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas


O Concello de Ourense publica as Bases Reguladoras do Sorteo "Pide un desexo de Nadal. No box dos soños con Luz Propia 2017"

1.- OBXECTO

O Concello de Ourense, con CIF P-32555055 a través da Concellaría de Comercio, co fin de promocionar o comercio local e dentro dos diferentes eventos que se realizarán na campaña de nadal 2017, organiza o sorteo "Pide un desexo de Nadal. No box dos soños con Luz Propia 2017".

2.- AMBITO TERRITORIAL

O ámbito territorial deste sorteo será todo o comercio do termo municipal de Ourense.
A inscrición neste sorteo supón a aceptación das presentes bases, así como das eventuais instrucións que adopte a organización.

3. CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR

Poderán participar neste sorteo toda persoa MAIOR DE IDADE que realizase unha compra nun establecemento comercial de Ourense durante os días 4 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018 e depositase a papeleta debidamente cumprimentada e selada polo establecemento comercial na caixa de correos dos soños con luz propia. Esíxese unha compra mínima de 10 ?

4. PREMIOS:

Os premios do sorteo serán:

  • 1 viaxe a Disneyland París para dous adultos e un neno menor de 12 anos: con dúas noites de hotel (habitación estandar) e transporte entre Santiago de Compostela ou Coruña e París. Inclúe as entradas ao Parque durante dous días. A persoa agraciada terá un mes a partir da data do sorteo para porse en contacto coa organización a través do correo info@promoland e poder coordinar as reservas. Desde a data do sorteo e ata a data do goce do premio non poderán pasar máis de tres meses. Os días elixidos para gozar da estancia no Parque Disney pertencen ao período de tempada baixa, pero as datas son abertas sempre que se adapten ás tarifas elixidas pola organización. (premio que outorga Promoland Media).
  • 1 Viaxe ao Parque Warner de Madrid para dous adultos e un neno menor de 17 anos, con dúas noites de hotel incluído (habitación estándar). O medio de transporte será avión ou tren segundo elección final da organización. Para ambas as opcións a orixe será a cidade de Ourense. A persoa agraciada terá un mes a partir da data do sorteo para porse en contacto coa organización a través do correo info@promoland e poder coordinar as reservas. Desde a data do sorteo e ata a data do goce do premio non poderán pasar máis de tres meses. Os días elixidos para gozar da estancia no Parque Warner pertencen ao período de tempada baixa pero as datas son abertas sempre que se adapten ás tarifas elixidas pola organización. (premio que outorga Promoland Media).
  • 2 estancias dunha noite para dúas familias de catro persoas cada unha en calquera dos hoteis balneario de Caldaria Termal SL, incluíndo almorzo e piscinas termais, con reserva suxeita a dispoñibilidade do establecemento. O premio caducará no prazo de tres meses desde a data do
    sorteo. (premio que outorga Caldaria Termal SL)
  • 1 cea para dúas persoas nos seguintes restaurantes A Taberna, Atarazana, A Feiriña e Pazo de Monterrey (este restaurante ofrece comida e non cea). O menú será determinado polo restaurante. O premio caducará no prazo de tres meses desde a data do sorteo. (premio que outorga a Unión de Hostaleiros Ourensáns).
  • 2 ceas para catro persoas no restaurante Estación de Loman. O menú será determinado polo restaurante. O premio caducará no prazo de tres meses desde a data do sorteo. (premio que outorga a Unión de Hostaleiros Ourensáns).

Os premios non poderán ser obxecto de cambio, cesión a terceiros ou compensación en metálico.

5.- SORTEO

O sorteo realizarase o día 8 de xaneiro de 2018, ás 19,00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ourense, mediante a fórmula de que unha persoa do público extraia as papeletas da caixa de correos dos desexos.

6.- COMUNICACIÓN AO GAÑADOR

O gañador será chamado por teléfono e ademais o resultado do sorteo publicarase no Taboleiro de Edictos e a páxina web do Concello.

7.- PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa que os datos que se faciliten para participar nesta promoción, xunto cos que se faciliten en caso de resultar premiado, son necesarios para participar no sorteo e que serán destruídos unha vez finalizado o mesmo.