Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Comercio

Áreas

O Concello de Ourense e a Cámara de Comercio convocan, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal, que alcanza a súa vixésimo oitava edición. Poderán participar todos os establecementos comerciais da nosa cidade que se inscriban correctamente antes do 15 de decembro na Concellería de Comercio (Praza San Martiño), a través do enderezo de correo escaparates[arroba]ourense.gal. O prazo límite para inscribirse remata ás 14.00 horas do 15 de decembro.

Os participantes deberán dispor os escaparates dende o 4 de decembro. Ademais deberá estar visible o distintivo de participación no Concurso facilitado pola Concellería de Comercio no momento da inscrición. A ausencia do mesmo ou a intencionada dificultade para a súa localización, será causa de exclusión na participación do establecemento. Os escaparates deberán estar iluminados ata as 22.00 horas.

O participante deberá enviar unha única fotografía do escaparate que concursa na que apareza o distintivo de participación indicando o establecemento comercial ao que pertence a fotografía enviada e o seu enderezo. O tema a desenvolver será sobre o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

A valoración máxima por criterio será de 3 puntos, sendo o mellor escaparate o que máis se aproxime aos 9 puntos.

PARTICIPACIÓN: Poderán participar todos os establecementos comerciais que estean situados no concello de Ourense e se inscriban correctamente antes do 15 de decembro.

INSCRICIÓNS: As inscricións formalizaranse por escrito debidamente cumprimentadas e asinadas e poderán facelo na Concellería de Comercio (Praza San Martiño, número 2 º), co teléfono de contacto (988.38.81.03), ou na Cámara de Comercio (Avda. Da Habana, no 30). O prazo límite para inscribirse remata ás 14.00 horas do 15 de decembro. A inscrición no concurso leva implícita a aceptación destas bases.

OBRIGAS: Os participantes deberán dispor os escaparates dende o 4 de decembro. Ademáis deberá estar visible o distintivo de participación no Concurso facilitado pola Concellería de Comercio no momento da inscrición. A ausencia do mesmo ou a intencionada dificultade para a súa localización, será causa de exclusión na participación do establecemento. Os escaparates deberán estar iluminados ata as 22.00 horas.

O participante deberá enviar unha única fotografía do escaparate que concursa,(na que apareza o distintivo de participación) a dirección e mail que vai na documentación anexa antes das 14.00 horas do 15 de decembro indicando o establecemento comercial ao que pertence a fotografía enviada e o seu enderezo.

VALORACIÓN: O tema a desenvolver será sobre o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

A valoración máxima por criterio será de 3 puntos, sendo o mellor escaparate o que máis se aproxime aos 9 puntos.

XURADO E ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS: A Concellería de Comercio designará aos integrantes do xurado, composto por un membro do Concello, outro da Cámara de Comercio e un profesional do mundo das artes, o seu fallo será inapelable. O xurado visualizará as fotografías dos escaparates participantes e visitará os escaparates seleccionados, poderá facelo a partir do 11 de decembro, tamén actuará coma xurado do premio popular os cidadáns ourensáns que poderán votar o seu escaparate favorito a través do enlace a facebook que aparecerá na páxina web www.ourense.gal. Resultará gañador o escaparate que teña mais “me gusta” as 12.00 horas do 20 de decembro.

A relación de premiados farase pública nun acto oficial que terá lugar o día 22 de decembro ás 12.00 horas no salón de plenos do Concello de Ourense. Previamente será comunicado de maneira expresa aos establecementos premiados.

É imprescindible recoller o premio o día da entrega. De non presentarse, e non acreditar causa xustificada, entenderase que o agraciado renuncia ao mesmo.

Documentación anexa

Bases do concurso de escaparates (pdf)