Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

As Unidades Interdisciplinares de Intervención Social, UNIS, son a canle normal de acceso ao sistema de servicios sociais do Concello, coa intención de garantir a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social.

Funcións

  • Estudo e diagnose social de comunidade, o que supón a detección e análise de necesidades e demandas no seu ámbito de intervención.
  • Elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas nesta diagnose social.
  • Identificar grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para desenvolver actuacións de carácter preventivo e de promoción social
  • Atender situacións individuais, información en relación coas demandas presentadas polos usuarios e diagnose e valoración previa técnica antes de intervir no caso. Esta valoración incluirá, cando sexa preciso, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar, así como a asistencia a hora de realizar os trámites necesarios para acceder a outros recursos.
  • Axuda na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención segundo os termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  • A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, segundo a normativa en vigor.
  • A información, orientación e asesoramento a toda a poboación para que poida acceder aos recursos sociais.
  • O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.

Ubicación

  1. UNIS Casco Vello: r/ Colón 18-20 (Centro Cívico Colón). Terceira planta. Tlf.: 988 393 107
  2. UNIS Centro: r/ Bernanrdo Glez. Cachamuiña, baixo 11-13 esq. rúa telleira.
    Tlf.: 988 782 914
  3. UNIS A Ponte: r/Eulogio Franqueira, 43. Tlf: 988 511 907
  4. UNIS O Couto: r/Fco. de Moure, 2 Entrechán (Praza do Couto). Tlf.: 988 220 856


Programas:

  1. Programa de Valoración, Orientación e Información (pdf)
  2. Programa básico de Inserción Social (pdf)
  3. Servizo de Educación e Apoio Familiar (pdf)