Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Os motivos polos que a Concellería de Asuntos Sociais denegou un total de 749 axudas (369 para libros e 380 para comedores) son:

  • A súa entrega fóra de prazo (1) ou o incumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria e nas bases reguladoras publicadas no BOP 154 do 6 de xullo de 2016.
  • Superar os 3.500 euros de renda per cápita anual (2).
  • Incumprir o artigo 4.2 das bases (unidades de convivencia que ao finalizar o prazo de presentación de solicitudes estean empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia) (3).
  • Expedientes incompletos que non presentaron no prazo de enmenda a documentación solicitada a través do listado de requerimento publicado na web ourense.gal o 19 de setembro de 2016 e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense (4).
  • Incumprir o artigo 4 das bases no seu apartado 4.1 e subapartado 4.1.1 xa que os menores non están escolarizados en centros de ensino públicos ou concertados do Concello de Ourense ou en Educación Infantil, nos casos que procede, ou subapartado 4.1.2, que obriga a estar matriculado en Educación Infantil, Educación Primaria ou Secundaria Obrigatoria (5).

Documentación adxunta

Gráfico desglosado sobre as causas de denegación

Anuncio da resolución definitiva da Convocatoria 2016 de Axudas de Libros e Comedores (pdf)