Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O 9 de maio tivo lugar a xuntanza do Consello Municipal de Persoas Maiores, órgano permanente de participación sectorial, con funcións de informe e proposta en cuestións referentes ás súas competencias, buscando a mellor solución para acadar o maior nivel de benestar posible así como a autonomía e a integración social das persoas maiores do municipio. Reactívanse así os consellos municipais de persoas maiores e de servizos sociais para potencialos como órganos de participación e de asesoramento nas políticas municipais.

Nos consellos participan os 4 grupos políticos con representación municipal, administracións, entidades e asociacións do ámbito da saúde e o benestar social que desenvolven o seu labor na cidade.

Presidida pola concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, o cerne da xuntanza celebrada esta mañá no Centro Cívico Colón consistiu na presentación polo miúdo dos programas que o Concello de Ourense pon á disposición das persoas con falta de autonomía ou dependencia, recursos de vital importancia para as persoas maiores: Axuda no fogar, comedor sobre rodas, teleasistencia, centro de día, programa de actividades para o envellecemento activo que se desenvolven en centros cívicos e outros espazos municipais.

Tamén se avanzou a vontade de impulsar o traballo da comisión constituída no seu día para que Ourense sexa cidade amigable para as persoas maiores.

Consello de Servizos Sociais

Con similar finalidade celebrouse tamén, o pasado martes 2 de maio, a xuntanza do Pleno do Consello Municipal de Servizos Sociais, órgano de participación cidadá e das asociacións nos asuntos municipais desta área.

Neste caso, o obxectivo principal do encontro foi informar por parte do Concello, acerca das convocatorias de:

  • Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, en materia de servizos sociais, cuxa convocatoria se publicou o día 8 de abril no Boletín Oficial da Provincia.
  • Axudas para a adquisición de libros e de texto e comedores de escolares para unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, de acordo coa convocatoria publicada no BOP de 15 de abril
  • Programas de actividades en centros cívicos e de envellecemento activo para o ano 2017.

Na xuntanza acordouse realizar unha reunión no mes de xuño para avanzar na guía de recursos que está a elaborar un grupo de traballo e que recollerá os diferentes recursos asistencias que ofertan as asociacións e entidades en Ourense. Un traballo que se atopa bastante avanzado, ao que se lle quere dar un impulso definitivo para poñelo a disposición da cidadanía.