Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

O centro Cívico Colón vén de acoller unha xuntanza de traballo, convocada pola área de Asuntos Sociais, sobre os obxectivos e implantación do Plan de Infancia e Adolescencia que está a elaborar o Concello de Ourense nas súas diferentes áreas: Ocio, cultura, e educación, medio ambiente e urbanismo, equidade e diversidade, benestar social e familia, saíde e actividade física, participación e cooperación.

Na reunión, presidida pola concelleira Sofía Godoy, participaron técnicos de todas as concellerías implicadas -Asuntos Sociais, Educación, Voluntariado, Xuventude, Sanidade, Igualdade, Cultura, Urbanismo, Participación Cidadá, Deportes, Medio Ambiente, Infraestruturas, Transportes, e Policía Local-, que achegarán as súas propostas para a elaboración do Plan. A xuntanza estivo dinamizada por Atelier Social, a empresa que está a redactar o plan.

Na última semana, os responsables do plan tiveron reunións cos alumnos do IES Blanco Amor, que recabaron información sobre o modelo de cidade. As conclusións das consultas seranlles entregadas aos responsables políticos nunha xuntanza no Salón de Plenos do Concello de Ourense.