Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Beneficiarios

  • Poderán acollerse a este servizo persoas maiores de 18 anos en situación de exclusión ou emerxencia social que, debido a sinistros na súa vivenda, carencias socioeconómicas, problemas de saúde ou graves conflitos persoais ou de convivencia pasan por unha situación carencial aguda entre as que se inclúe a falta dun fogar ou núcleo sustitutivo deste.
  • De forma excepcional poderá acoller a menores de idade sen acompañar.

A estancia máxima será de tres días consecutivos cada tres meses. A continuidade, en casos excepcionais, será valorada polo traballador ou traballadora social.

Instalacións

O albergue conta con vinte prazas e presenta os seguintes servizos:

  1. Acollida, valoración, asesoramente e derivación.
  2. Admisión e aloxamento.
  3. Manutención.
  4. Hixiene e lavandaría.
  5. Consigna.
  6. Enderezo Postal.

Normas de funcionamento

  • Erguerse: 07,30 horas.
  • Consigna: 08,00 a 08.15 horas.
  • Almorzo: 08,15 a 08,30 horas.
  • Comedor: 12,30 a 13,30 horas.
  • Cea: 20,30 a 21,30 horas.
  • Silencio: 23,00 horas.

Máis información

Requisitos e normas de funcionamento (pdf)