Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Se trata dunha instalación con capacidade para 25 usuarios destinado a persoas maiores dependentes, dentro do ámbito do Concello de Ourense.

Solicitude

Cita previa llamando ao teléfono 988.39.29.09

Beneficiarios

  • Persoas que presenten dependencia física e/ou psíquica nunha fase inicial
  • Persoas maiores de 60 anos, excepcionalmente entre 50 e 60 anos.
  • Empadroados e residentes no Concello de Ourense.

Non serán usuarios

  • Persoas con alto grao de dependencia ue lles impida a mobilidade fora do domicilio.
  • Persoas con episodios non controlables ou trastornos de conduta: agresividade, delirios, tendencia a escaparse, berros, etc.
  • Persoas que sufran unha deterioracion física e/ou mental.

Horario

O centro de día, situado no edificio de Aixiña na rúa Recaredo Paz número un, estará aberto de luns a venres, en horario de 10,00 a 18,00 horas, en horario continuado.

A inclusion no servizo será en xornada completa de luns a venres.

Transporte ao centro

O inicio do transporte será ás 09,00 horas. Recollerá aos usuarios no portal do seu domicilio, onde deberán estar acompañados dun familiar ou persoa en quen delegue, maior de 18 anos, tanto na recollida como na chegada do usuario.

Servizos ofertados

  • Apoio nas actividades da vida diaria.
  • Coidado persoal, aseo e hixiene.
  • Estimulación cognitiva.
  • Talleres de terapia ocupacional e animación socio-cultural.
  • Rehabilitación funcional.
  • Atención social.
  • Atención psicolóxica.
  • Apoio e información ás familias.
  • Actividades de musicoterapia.
  • Transporte adaptado.
  • Comida de mediodía.

Máis información (pdf)