Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Consideramos que desde o Concello, como institución máis próxima á cidadanía, débense promover as condicións para favorecer a non discriminación e chegar neste caso, a todos os nenos, nenas e adolescentes.

A elaboración deste Plan implica a realización dunha diagnose para coñecer a realidade social da infancia e adolescencia no noso municipio, abríndose para iso un proceso, de carácter altamente participativo no que se lle dea voz ás nenas, nenos e adolescentes, implicando todos os axentes sociais e institucionais que poidan facer as súas achegas de cara a detectar carencias e necesidades co fin de realizar unha diagnose da realidade; isto implica unha primeira fase de análise para un posterior labor de deseño de accións e obxectivos.

Certo é que, esta e outras áreas municipais teñen implementados programas e accións moi diversas en relación coa infancia e adolescencia pero mediante este Plan preténdese avanzar, en primeiro lugar, na coordinación intermunicipal e no establecemento de medidas de carácter transversal tendo en conta o demandado pola infancia e por todos os axentes sociais implicados mediante o proceso participativo que este goberno municipal pretende impulsar.

A elaboración deste Plan constitúe tamén un avance no enfoque de traballo marcado por UNICEF en canto a súa proposta fundamental de facer efectivos os dereitos recollidos na Convención de dereitos da infancia, organismo co que o Concello de Ourense asinou en setembro do pasado ano un Convenio recoñecendo a nosa cidade ''Municipio aliado do Programa Cidades Amigas da Infancia''.

Para tal fin, é fundamental coñecer a opinión da cidadanía, polo que desde a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, solicitamos a túa colaboración, coa finalidade de que nos indiques que debemos de mellorar para construírmos unha cidade máis habitable para todos e todas contestando estes cuestionarios completamente anónimos.

Tamén podes deixar calquera outra achega no seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Información e Inscrición Xornada de traballo 30 DE MARZO no centro cívico A Ponte.