Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Asuntos Sociais

Áreas

Un cento de rapaces e rapazas participaron durante a Semana Santa 2017 (os días 10, 11, 12 e 17 de abril) no Espazo Coeduca que o Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais, puxo en marcha nos Centros Cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo.

Así, en horario de mañá, desde as 9:00 horas, os rapaces e rapazas participaron en actividades e xogos cos monitores, formados en políticas de xénero, que puxo a disposición o Concello. De feito, no Centro Cívico de A Ponte foi necesario reforzar con outra monitora esta actividade, dado que chegaron a ter máis de 30 nenos e nenas nalgunhas xornadas.

O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, visitaron no seu último día as actividades no Centro Cívico de A Ponte.