Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
foto saudo alcalde

Querido visitante,

quero darche a benvida a este espazo virtual do Concello de Ourense, unha ferramenta que ofrece a actualidade municipal de forma áxil e transparente. Agardo que sexa da túa utilidade e que atopes todo o que precisas, tanto se es veciño de Ourense como se vés de visita.

Esta cidade facémola entre todos /as. Sentamos as bases do noso futuro no diálogo, na convivencia e na cooperación. Asumín o reto de ser o alcalde e con ese obxectivo afronto este mandato materializando os compromisos adquiridos e os que aínda nos quedan por cumprir.

Ourense é a suma de todos os barrios baixo un único obxectivo: poñer o foco nas persoas, destinatario único ao que nos debemos o meu equipo e máis eu. A vós van dirixidas as nosas políticas e en vós xerminará este novo modelo de cidade. É o meu compromiso e o compromiso deste grupo de goberno facer de Ourense unha cidade modelo de calidade de vida e de xestión, dinámica e sostible, e legarlle aos ourensáns que virán o mellor dos futuros posibles.

Graciñas pola vosa confianza, estou á vosa enteira disposición.

Tamén podedes contactar comigo a través das redes sociais: