Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Política de accesibilidade

O sitio web http://www.ourense.gal construíse adoptando unha serie de medidas co obxecto de mellorar a súa accesibilidade.

As páxinas neste sitio web cumpren na súa maioría co establecido no Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. Somos conscientes de que as páxinas que inclúen localizacións xeográficas, non cumpren co establecido no Real Decreto. O noso obxectivo é conseguir que todas as páxinas deste sitio chegue a cumprir o Real Decreto, sen ter que renunciar a utilidades.

En canto aos documentos dada a enorme cantidade de documentos finais (pdf) publicados en el portal, ten sido imposible a adaptación completa dos mesmos as pautas de accesibilidade esixibles. Porén traballase de forma permanente ao obxecto de facer totalmente accesible tamén o fondo documental.

Salvo o indicado anteriormente, este portal cumpre con todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 da Norma UNE 139803:2012 o que foi comprobado cun análise manual de accesibilidade e a través de diferentes ferramentas semiautomáticas. Cumpríndose por tanto para a maioría das páxinas:

  • Nivel alcalzado: AA (doble A)   Icono de conformidad con el Nivel AA, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 2.0 da W3C-WAI

Data da última revisión: 1 de decembro de 2016

Se encontrara neste sitio web algún contido ao que non puidera acceder, o desexara efectuar calquera consulta, queixa o suxestión con relación á accesibilidade do mesmo pode presentala a través do formulario Solicitude de Información e Comunicación de Incidencias.

A accesibilidade implica unha serie de vantaxes como:

  • Facilitar o acceso dos usuarios independentemente da súa condición física o do seu entorno.
  • Permitir o acceso con diferentes axentes de usuario.
  • Incluír contidos claros ben estruturados.
  • Mellorar a navegación e a experiencia do usuario.

Entre outras adoptáronse ás seguintes medidas:

  • Uso de CSS para a presentación da información.
  • Texto alternativo nas imaxes.
  • Os enlaces ofrecen detalles da súa función ou destino.
  • Uso dos estándares do W3C.
  • Cumprimento dos estándares.

Este sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 11 e as últimas versións vixentes de M.S. Edge, FireFox, Safari, Opera e Google Chrome.

O sitio web está deseñado para a súa visualización Responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.